Fundación Nortempo
Fundación Nortempo desenvolve proxectos e programas destinados á formación e asesoramento de persoas en risco de exclusión social. O obxectivo é mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa integración no mercado laboral.

Que achega Fundación Nortempo ás persoas?
Servizos de formación
O noso centro de formación desenvolve programas adaptados ás necesidades das empresas, capacitando ás persoas para os postos máis demandados polo mercado laboral.
Estamos homologados para impartir certificados de profesionalidade das seguintes familias profesionais: administración e xestión, informática e comunicacións, e comercio e márketing.
Asesoramento e consultoría
Desenvolvemos proxectos de apoio á creación e consolidación de pemes. Prestamos asesoramento, supervisión e seguimento ás iniciativas daquelas persoas interesadas no autoemprego e a creación de empresas.
Selección e formación do mellor persoal
Seleccionamos talento. Orientamos e formamos ás persoas para a súa integración laboral. Realizamos un seguimento bidireccional tras a contratación (empresa – persoa traballadora).
Cumprimento da Lei Xeral de Discapacidade
Asesoramos no cumprimento da Lei Xeral de Discapacidade, LGD (antiga LISMI) e axudamos na tramitación das medidas alternativas.
RSC
Realizamos accións de sensibilización, campañas, plans de emprego, accións de voluntariado co fin de concienciar sobre a integración laboral de persoas en risco de exclusión social, como parte dos plans de RSC das empresas.

Estamos comprometidos cos principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas e a súa loita polos dereitos humanos, o traballo, o medioambiente e contra a corrupción.
Coas nosas actividades en Fundación Nortempo, contribuímos de maneira directa nos seguintes ODS:

ODS1
Fin da pobreza

ODS4
Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas

ODS5
Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas

ODS8
Promover o crecemento
económico sostido,
inclusivo e sostible, o
emprego pleno e produtivo,
e o traballo decente para
todas as persoas

ODS10
Redución da desigualdade entre os países

ODS12
Garantir modalidades de consumo e producións sostibles

ODS17
Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible
Queres saber máis?
Descobre en profundidade as actividades
de Fundación Nortempo
Os nosos proxectos

Programa Retorna Cualifica Emprego | Xunta de Galicia
Colaboramos coa Xunta de Galicia neste programa que ten como obxectivo retornar persoas galegas e/ou descendentes, dotándoas de formación e facilitándolles os mecanismos necesarios para a súa incorporación no mercado laboral de Galicia.
Integra-T Muller | Xunta de Galicia
Programa para favorecer a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero. Proporcionamos orientación, formación e apoio en todo o proceso de procura do emprego, así como a prospección e intermediación coas empresas empregadoras.


REACT-UE | Xunta de Galicia
Programa de entidades de iniciativa social para a promoción das actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social para a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e a través do desenvolvemento dos programas e/ou servizos de inclusión social e laboral da poboación inmigrante e financiadas parcialmente con fondos REACT-UE como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
Programa AFD | Xunta de Galicia
Accións de formación profesional para persoas traballadoras preferentemente en situación de desemprego. Os certificados de profesionalidade e as competencias clave impartidas facilitan a súa incorporación ao mercado de traballo.



PIOME | Principado de Asturias
Programa integral de orientación e mellora da empregabilidade das persoas demandantes de emprego que ten por obxecto establecer actuacións de orientación profesional e autoemprego complementadas con accións formativas de curta duración.
Itinerarios personalizados de inserción | Comunidad de Madrid
Este programa está dirixido a persoas en risco de exclusión social. Deseñamos e desenvolvemos itinerarios personalizados para lograr a súa incorporación ao mundo laboral.


Conectando Empleo Sevilla | Junta de Andalucía
Programa dirixido á mellora da empregabilidade mediante accións de formación e orientación a colectivos vulnerables ao amparo de Novos Proxectos Territoriais para o reequilibrio e a equidade; Línea 4, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para Andalucía.
Conectando Empleo Málaga | Junta de Andalucía
Programa dirixido á mellora da empregabilidade mediante accións de formación e orientación a colectivos vulnerables ao amparo de Novos Proxectos Territoriais para o reequilibrio e a equidade; Línea 4, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para Andalucía.




Programa Tempus | Junta de Andalucía
Programa de fomento do emprego industrial e medidas de Inserción laboral no marco da innovación e mellora do emprego en Andalucía.
FOAXE | Deputación de A Coruña
Programa do eido dos servizos sociais coa finalidade de acompañar e favorecer a inserción sociolaboral das persoas que se atopan en risco de exclusión, a través de accións de información, asesoramento formación e intermediación laboral.


Integra | Ayuntamiento de Sevilla
Programa dirixido a facilitar a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social, favorecendo a mellora das competencias persoais, sociais e profesionais das persoas destinatarias.

As empresas poden publicar as súas ofertas de emprego a través da nosa Axencia de Colocación
Desenvolvemos actividades de formación destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego, facilitando o seu acceso a máis mercados de traballo. Ofrecemos orientación laboral para conseguir un maior coñecemento persoal e do mercado laboral, así como apoio para realizar unha procura activa de emprego.

«Quero agradecer a Fundación Nortempo o seu labor de axuda e implicación comigo para axudarme a atopar traballo e os cursos máis compatibles. Sempre animándome e vendo valía en min.»
Pilar San Martín Usuaria do Programa PIE da Fundación Nortempo
Novas sobre Fundación Nortempo e integración laboral

Fundación Nortempo, entidad comprometida con la conciliación
En Fundación Nortempo estamos de enhorabuena, porque acabamos de conseguir la Certificación efr, que nos distingue por nuestro compromiso con la conciliación.

Cuida la salud mental también en TU empresa
10 de octubre, se conmemora el Día Mundial de la Salud Mental y este año lo hacemos con un lema muy adecuado: «La salud mental es un derecho humano universal”

5 tips para retornar a España con éxito
¿Estás pensando en retornar a tus raíces? En Fundación Nortempo te ayudamos a preparar tu regreso exitoso.